Soñei cun tuturutú que baixaba dunha estrela tocando arreo moi ledo, un chifre de canavela. Un chifre de canavela con ramalletes de xesta, tuturutú musiqueiro todo vestido de festa. Todo vestido de festa veu dereito para min, pero cando fun collelo espertei e non o vin. Espertei e non o vin. Despois de soñar atreu, o xoguete querendoso por onde chegou, fuxeu.
Xosé Neira Vilas
0 comments on “Soñei cun Tuturutú” Add yours →