É na actualidade un dos saxofonistas de jazz máis nomeado na península ibérica. Na súa carreira profesional ten participado en importantes festivais internacionais, entre os que podemos destacar: “The London Jazz Festival BBC Radio 3″ (UK), “Multi-city music fest” (India), “Vodice jazz festival” (Croacia), “Festival interceltique Lorient” (Francia), “Portugal-jazz″ (CCB Lisboa), “Girando por salas” (España), “Festival de jazz Imaxinasons” (Galicia), entre outros.
Posgraduado en jazz na “Guildhall school of music” de Londres, estudos para os que gañou unha bolsa da Fundación Caixa Galicia, e licenciado en jazz pola ESMAE da universidade de Porto. Ademáis disto, estudou particularmente cos músicos americanos Hal Galper, Jean Toussaint, Jean Michel Pilc e Matt Otto.
Dentro da música tradicional galega adícase, ademáis da interpretación, ao ensino e á investigación musicolóxica. Imparte aulas nesta especialidade no conservatorio profesional de Vigo, onde tamén ensina iniciación á linguaxe do jazz. No ano 2006 convertiuse no primeiro titulado superior en música tradicional de Galicia polo conservatorio superior de Vigo.