Moi vencellada, dende cativa, á música tradicional como bailadora, cantareira e gaiteira. É Licenciada en Historia da Arte na especialidade de Historia da Música pola Universidade de Santiago de Compostela e Diplomada en Educación Musical pola Universidade de Vigo. Asimesmo realizou estudos de linguaxe musical, técnica vogal, coral con Ramón Bermejo e harmonía moderna na Escola Estudio de Santiago de Compostela. Obtivo o título do I Posgrao de Música Tradicional Galega organizado pola USC. Asistiu a aulas con relevantes músicos e bailadores do panorama tradicional galego como Ricardo Portela, Fernando Martínez, Serxio Cobos, Iván Costa, Pablo Carpintero, Chuco Estévez…. Asimesmo estudou acordeón diatónico e música folque con Carlos Quintá e Pedro Pascual na Escola Livre da Central Folque. No presente centra a súa formación como cantante no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Paco Charlín e Abe Rábade.
No eido da pedagoxía e a musicoterapia exerce a súa laboura como profesora de acordeón diatónico, canto, música e movemento e linguaxe musical na Escola Municipal de Música de Moraña, na A.C. Trépia e na A.C. Traspés. Tamén é asidua colaboradora de Escolas Infantís Semente de Compostela e Vigo e Cruz Vermella de Pontevedra.