Nace en Cangas en 1987. Comezou os seus estudos de música no “Conservatorio Profesional de Música de Cangas” obtendo o grao medio na especialidade de percusión. O seu primeiro contacto co jazz tivo lugar no “Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra” impartido por Abe Rábade e Paco Charlín, ao cal asistiu catro anos. En 2005 e 2006 asistiu ao “Workshop de Tavira” (Portugal) con mestres de Nova York e en Agosto do 2009 participou no “Begues Jazz Camp” para recibir clases de Ben Street, Mark Turner, Jorge Rossy, Ben Monder e Michael Kanan. No 2011 gradúase no “Centro Superior de Música del País Vasco, Musikene” (especialidade de jazz-batería) con matrícula de honra, despois de catro anos estudando con Jorge Rossy, Perico Sambeat, Jo Krause, Albert Sanz, Guillermo Klein e Chris Kase entre outros. Conta cunha ampla traxectoria como sideman que o levou a tocar por toda a península ibérica e tamén Ecuador, Alemania, Dinamarca, Francia e Italia con músicos como: Avishai Cohen, Omer Avital, Perico Sambeat, Marcus Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Jorge Rossy, Guillermo Klein, Andrzej Olejniczak, Logan Richardson, Bob Sands, Cecilia Coleman, John O’Gallagher, David Virelles e Petros Klampanis entre moitos outros. Ademáis de ter gravados 20 traballos como colaborador, Iago conta con dous discos ao seu nome, Agromando (2011) e Acougo (2015) e neste 2016 publicará un terceiro que se chamará Brisa.