Alexandre Touceda (contrabaixo)

Contrabaixista vigués, considerado unha das promesas do jazz feito en Galiza. Estudou na Escola Estudo e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Paco Charlín e Abe Rábade e completou a súa formación na Aula de Música Moderna e Jazz de Barcelona, vencellada ao prestixioso Berklee College of Music de Estados Unidos.
O seu talento para acompañar a cantantes e instrumentos de vento fai que sexa un codizado e asiduo acompañante de numerosos músicos da escea jazzística e flamenca en Galiza. Asimesmo forma parte do WAI Trío con Wilfried Wilde e Iago Fernández e lidera o seu próprio proxecto xunto a Diego “Tornado” Alonso ao saxo e David Puime á batería.