Musicoterapia

 

A Musicoterapia é un tipo de terapia na que a música se emprega de modo consciente, tendo en conta as necesidades dos posibles pacientes e, en consecuencia, seleccionando aqueles aspectos da arte musical más axeitados para dar resposta ás necesidades previamente establecidas.

Dada a gran variedade de maneiras nas que a música pode ser empregada como instrumento terapéutico, nas miñas sesións adapto as propostas tendo en conta as necesidades do paciente e a miña experiencia musical. É por este motivo que opto por un modelo de sesión con música acústica en directo, métodos activos e performáticos onde as músicas de transmisión oral, a música moderna, a danza, o movemento corporal natural e a improvisación teñen un papel preponderante.

.

0 comments on “MusicoterapiaAdd yours →

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *