Bio

 

Licenciada en Historia da Arte na especialidade de Historia da Música e Patrimonio Artístico pola Universidade de Santiago de Compostela e Diplomada en Educación Musical pola Universidade de Vigo, realicei estudos de linguaxe musical, técnica vogal, coral e harmonía moderna na Escola Estudio de Santiago de Compostela . Asimesmo obtiven o título do I Posgrao de Música Tradicional Galega organizado pola USC.

Dende cativa estiven moi vencellada á música tradicional como bailadora, cantareira e gaiteira asistindo a aulas con relevantes músicos e bailadores do panorama da música tradicional galega como: Ricardo Portela, Fernando Martínez, Serxio Cobos, Iván Costa, Pablo Carpintero, Chuco Estévez…. No 2006 realicei labores de producción cultural na Asociación de Gaiteiros Galegos. En 2009 comecei a estudar acordeón diatónico Xavier Blanco, Carlos Quintá e Pedro Pascual.

No presente centro a miña formación na Música Moderna con  Paco Charlín e Abe Rábade no Seminario Permanente de Jazz.

No eido da pedagoxía teño traballado en diferentes centros de primaria, secundaría e conservatorios dependentes da Consellería de Educación. Dende hai 4 anos exerzo de profesora de acordeón diatónico, canto, música e movemento e linguaxe musical na Escola Municipal de Música de Moraña  e na A.C. Trépia. Tamén son asídua colaboradora de  Escolas Infantís Semente de Compostela e Vigo e Cruz Vermella de Pontevedra.

0 comments on “BioAdd yours →

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *