Acordeón Diatónico

 

 

O acordeón diatónico a botones ou melodeón é un instrumento da familia dos aerófonos de lingüeta libre. Diferénciase do acordeón cromático porque a súa estrutura  musical depende dalgunhas escalas determinadas.

Nun lado ten baixos e acordes, que tradicionalmente se usan para acompañar á melodía que se interpreta no outro lado; mais combinando as dúas mans, o acordeón diatónico revélase tamén como un instrumento ideal para acompañar ao canto ou a outros instumentos melódicos. Existen acordeóns diatónicos de unha, dúas e tres ringleiras de botóns. Eu emprego un acordeón de tres ringleiras co sistema de teclado de Bruno Le Tron.

A diferencia do acordeón cromático, o diatónico é bisonoro, é dicir, a nota do mesmo botón cambia dependendo se o aire sae ou entra,  se o fol fecha ou abre.

 

0 comments on “Acordeón DiatónicoAdd yours →

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *